Site icon Crónica3.com A Mariña

A casa das letras de Ribadeo acollerá este venres, 3 de febreiro, unha charla sobre agricultura ecolóxica

Ribadeo, 1 de febreiro de 2016. Este venres, 3 de febreiro, ás 19:30 horas na Casa das Letras terá lugar unha charla-coloquio sobre A Agricultura Ecolóxica: Cultivo, Produción e Consumo. Novos retos do rural. Unha experiencia práctica de Jean Pacheco desde Francia.

Segundo explican desde a Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo “nesta charla abordárase a agricultura ecolóxica desde unha visión práctica a través da experiencia de Jean Pacheco. Este agricultor que ten a súa produción nas inmediacións de París, onde conta con aproximadamente 14 hectáreas . El nos achegará a súa visión sobre os retos e posibilidades de agricultura ecolóxica, da comercialización a través de circuítos curtos, da produción e do consumo”.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local indican que “o seu principal produto vexetal é o espárrago. Pacheco ten certificado ecolóxico dende o 1 de xaneiro de 2012. Vende no mercado de Rungis, tendas de orgánicos, restaurantes de París e tamén é o provedor de preto de 320 membros da AMAP 8 en París”.
A charla está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación APAGA, e está dirixida a todo o público, produtores , consumidores e cidadanía en xeral.

Exit mobile version