Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco anima aos focegos a facer coplas para o Touporroutou

Foz 19-2-17.A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o Domingo 26 de Febreiro a partir das 21:00 h na casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do antroido focego, que como en anteriores ocasións contará coa participación de Tono Alonso e do grupo de pandeireiteiras da Subela.

A Asociación Cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas do Concello a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en diversos establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse na “Pizzería Xoiña”, na “Cafetería May Ros”, na “Cervexería Regata”, no “Bar Acuario”, no “ Muelle Bar”, na “Funcional”, no “Rente ao mar ese camiño”, no “Pachán”, na “Eskina” e na “Taberna”.

O éxito e a continuidade do Touporroutou depende da participación veciñal polo que solicitamos dos focegos e das focegas o seu apoio e a súa axuda, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha autentica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.

Exit mobile version