Nunha humanidade casi asocial, nas que as persoas son incapaces de relacionarse unhas con outras frente a frente (falo en xeral), é importante o valor que se lle da a estar enviando e recibindo mensaxes de wasap de mañeira continuada, de quen incluso nin coñecen. Os aparellos de telefonía son moi importantes na vida sempre e cando se lles dé de mañeira única o valor que teñen e se utilicen conscientemente, pero se o seu uso non é responsable convírtense nalgo baldío e nun xogo para ignorantes. Saber utilizar de mañeira convinte as novas tecnoloxías non é fácil, hai que ser quen de non pensar que por gañar nun xogo informático un ten máis capacidades que os máis, que contar a vida privada os descoñecidos pode ter consecuencias de gravedade, que por “colgar” fotos dos fillos menores de idade pode acarrearlles un perigo serio e que sempre son máis importantes e sinceros os seres cando se lles mira os ollos.
O aducimento dos móbiles ven dado porque hay personas que teñen a súa vida baleira, non saben como entreterse de mañeira inteligente e práctica, e non consiguen interactuar activamente en conversacións cos máis. E unha mágoa que haxa persoas aducidas polos móbiles. ¿Qué tipo de vida lles esperará?