Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares fixo entrega dos diplomas aos alumnos participantes do seminario de habilidades sociais “conformando talento”

Cervo, 23 de febreiro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da edil delegada de Educación, Dolores García Caramés, fixo entrega esta tarde dos correspondentes diplomas aos alumnos participantes no seminario de habilidades sociais “Conformando Talento”, que organizou o Concello.
O curso, de carácter gratuito, foi impartido na Casa da Cultura de San Ciprián, a cargo de formadores do Grupo Enxeño Galicia.

Ao seminario, aberto a tódolos veciños do municipio, asistiron 20 persoas, de entre 16 e 52 anos; entre os que había traballadores, desempregados, estudantes e xubilados.

Villares destacou que dende o Concello “sempre tentamos poñer tódalas ferrramentas posibles a disposición dos veciños, para que, como neste caso, poidan reforzar e ampliar a súa formación para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo, no que a formación complementaria pode ser a porta para que se abran novas oportunidades”.

Ademais, -engadiu- “neste caso os alumnos traballaron sobre habilidades que son esenciais á hora de acadar o éxito no mundo laboral actual, como a comunicación verbal e non verbal, ou o universo dos Social Media, que conforman un horizonte de potenciais oportunidades no mercado de traballo”.
Ademais, no seminario tamén se incidiu nas diferentes técnicas de negociación e de liderado, entre outros campos, “que non só poden resultar de utilidade para aquelas persoas en idade de traballar, senón tamén para as que queren seguir a cultivar o seu desenvolvemento social e persoal, aplicado á vida

Exit mobile version