Site icon Crónica3.com A Mariña

ALGUNHAS MENTIRAS

Hai unhas cantas mentiras expandidas entre os máis comúns dos comúns membros da igrexa católica, apostolica e roman. aqueles cuxa deformación relixiosa provén da instrución intencionadamente simplista á que foron sometidos sobre a realidade histórica do cristianismo.

Hai extendida a falsa crenza de que a igrexa de Cristo foi UNHA desde o principio da expansión do cristianismo. E falso é que os bispos de Alexandría, Antioquía, Constantinopla e Xesuralen recoñecesen desde os inicios a supremacía da “igrexa” de Pedro.

Tampouco e certo que Pedro fose o primeiro Papa e que a igrexa de Roma gobernase a toda a comunidade cristiá a partir da morte de Cristo. E falso que Xesús aludise expresamente a que o seu desexo era transferir aos sucesores de Pedro o que lle transfería personalmente a el. Falso que os primeiros sucesores de Pedro reclamasen ese dereito.

De ser certa a súa existencia, o Espírito Santo empregou once séculos de esforzo iluminador para conseguir que un Papa, Gregorio VII, decretase que o título de Papa universal só corresponde aos sucesores de Pedro. Claro que aínda tivo que empregarse máis a fondo (século XIX. Concilio Vaticano I) para atopar outro (Pio IX) o suficientemente receptivo para captar a idea de que os Papas son infalibles en cuestións de fe o que a día de hoxe non llo cre case ninguén.

Os Papas, o novo incluído, síntanse nun trono fraguado a base de mentiras. Toda unha montaxe para converter ao señor do Vaticano nun monarca absoluto que dicta sobre o divino e o human. Non é outra cousa o que é ese home disfrazado de branco. Un dictador de moral, de fe e da razón, alguén que prescribe como os católicos deben de entender as relacións con “o seu Deus” e que procura impoñernos ao resto “a súa” visión da vida.

Quen asenta o seu papel no mundo sobre unha mentira non ten credibilidade pero a xerarquía eclesiástica é mestra en facer da inmoralidad virtude pois “Deus escribe dereito con renglons tortos”. A igrexa cala eoculta ao pobo chao a verdade sobre este particular pero non importa. Os fieis non ven co ollo da razón, senón co do sentimento. Por iso cada vez que aparece sobre o balcón do Vaticano un novo ancián coroado son incapaces de desvestilo desposuíndoo das súas proxeccións persoais. Non o verán como un home que soubo moverse no palleiro do poder eclesiástico ata chegar á súa cima, alguén cunha historia persoal de luces e sombras, igual que ti e que eu. Unha persoa que encara o último traxecto da súa vida e cuxas xa máis que limitadas enerxías utilizará para ser digno representante dun invisible Señor ao que só acceden os elixidos. ¿ Os elixidos?… Recordades o conto do traxe invisible do rei? A súa idade é a mellor garantía de que non se embarcará en propoñer cambios sociais en profundidade algo no queXJesús é probable que estivese interesado, pero non o Cristo inventado por Marcos e abrazado pola Igrexa pois a renuncia á xustiza social foi sempre un distintivo da xerarquía eclesiástica que preferiu substituíla pola obedencia e a caridade. Bla, bla,bla?. Testemúñao que en dous milenios ningún pai Llanos foi designado Papa. Probablemente a razón fundamental está no máis que mundanal orixe do Papado, un poder que a en base ás súas dogmas en ocasións segou vidas e intentou e intenta destruír o outro dereito human moito máis “sagrado” : o da liberdade.

Exit mobile version