Site icon Crónica3.com A Mariña

As Catedrais elixida entre as mellores praias do estado polo portal de viaxes Tripadvisor, neste 2017 ocupa a quinta posición

220217 Foto Catedrais 2Ribadeo, 22 de febreiro de 2017. A praia ribadense de As Catedrais atópase entre os dez mellores areais de España, segundo o portal de viaxes Tripadvisor. O emblemático areal ocupa o quinto lugar por detrás de La Concha (San Sebastián), Ses Illetes (Formentera), Muro (Mallorca) e Las Canteras (Gran Canaria). Na clasificación dos mellores areais de Europa As Catedrais atópase no décimo quinto lugar.

O alcalde, Fernando Suárez, valora a noticia de xeito positivo: “estamos orgullosos de seguir así. Cada vez máis xente visita As Catedrais e Ribadeo e deixan comentarios coas súas impresións nestes portais de viaxes. Estamos moi agradecidos por estes recoñecementos”.

O rexedor subliña que “seguimos a traballar na redacción e elaboración do Plan Especial das Catedrais para acadar unha maior e mellor organización do areal e da súa contorna no futuro. E todo iso para ben da natureza, do medio ambiente e do sector do turismo e dos servizos de Ribadeo”.

Exit mobile version