Site icon Crónica3.com A Mariña

Cambio de presidente na Mariña Federación

Ribadeo, 3 de febrero de 2017. Ramón Leivas comunicou o seu traspaso de cargo como Presidente da FCAM e Representante da CEL en A Mariña Lucense.

Declarou que esta decisión foi moi difícil e meditada, e que contou co apoio do resto de membros da Xunta Directiva da FCAM e da CEL.

Desde este intre, a representación como presidente trasládase ao Centro Comercial Histórico de Viveiro.
A persoa que exercerá as funcións de Ramón Leivas, tanto como Presidente da FCAM como representante da CEL na A Mariña Lucense será Anxel Vázquez Iglesias, membro da Xunta Directiva do Casco Histórico de Viveiro.

Ramón Leivas despídese con boas palabras cara todos os seus compañeiros, desexándolles moitos éxitos e ofrecendo a súa colaboración coa nova Xunta Directiva.

Exit mobile version