Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña San Valentín 2017 do centro comercial casco histórico de Viveiro

Viveiro 9-2-17. “Ven ó Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” con este lema a Asociación de comerciantes de Viveiro pon en marcha a campaña de San Valentín deste ano.

Nos próximos días os locais asociados estarán adornados cun ramillete de globos en forma de corazón. Son un total de 400 globos os que se repartirán entre os negocios asociados a modo recordatorio da data que se aveciña. Estarán colocados nos escaparates, nas portas dos negocios.. etc. O obxetivo é decorar as nosas rúas e os nosos comercios, promocionando as compras no comercio local, o comercio da nosa vila, dar ideas ós clientes dese algo tan especial que están a buscar para regalar nesta data tan especial… ou aqueles locais con encanto nos que poder desfrutar dunha romántica cea de San Valentin. Son moitos os negocios que estes días están a facer promocións para este Dia dos namorados, xoias, tratamentos de beleza, complementos, escapadas románticas, menús especiais para ceas .. son moitas e moi variopintas as propostas para ese pequeno detalle que queremos facer nestas datas.

Exit mobile version