Site icon Crónica3.com A Mariña

Campionatos “San Xoán Bosco” 2017

IMG_6443_Burela 3-2-17. Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola Asociación Cultural “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na mañá do martes 31 de xaneiro.

Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:

Individuais: Xadrez e Damas;

Parellas: Construcción de Puzzles;

Grupos: Baloncesto e fútbol sala.

As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 30 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 31 pola mañá.

Da organización e coordinación dos Campionatos encargáronse os profesores de Educación Física e de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.

Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:

* Xadrez: Sergio Alonso Mon (2º A);

* Damas: Sergio Alonso Mon (2º A);

* Puzzles: Cristián Gómez Mesa e Irina Galdo Lorigados(2º B);

*Baloncesto: Equipo de 1º A (Hugo, Erika, Martín, Julia, Miguel, Uxía, Ainhoa e Pablo)

*Fútbol: Equipo de 2º A (Egoitz, Daniel, Sergio, Antonio B., Alexis, Diego, Renato e Borja)

*Premio mención especial á superación para Cristina e Lucía Meitín Cayón

Exit mobile version