Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen Ventoso e Icía Morandeira son as gañadoras do concurso “un selfie por amor” organizado polo Concello de Cervo con motivo do día dos namorados

150217 selfie por amorOs traballos debían ser unha foto-selfie en formato dixital, acompañada dun pequeño texto.
Nesta ocasión, os selfies gañadores resultaron ser o de Carmen Ventoso, na categoría de maiores de 18 anos, que presentou unha fotografía na que aparece con seus pais co texto: “Os pais. O faro que ilumina a miña vida. Que non me falten máis que amor…admiración”; e o que presentou Icía Morandeira, na categoría de 13 a 17 anos. Un selfie no que aparece con varios amigos co texto: “compartir amor te hace más feliz”.
As gañadoras recibirán como premio unha cea para tódalas persoas que aparecen na instantánea.

Exit mobile version