AFAVI organiza unha charla sobre “Mantener a autonomía nos enfermos de Alzheimer”, que se realizará o día mércores 8 de Febreiro ás 16:30 na aula 1 da UNED, claustros de San Francisco, primeira planta.
Está destinada a coidadores e a todas as persoas interesadas no tema.
Os temas que se tratarán serán, qué é a enfermidade de Alzheimer, cómo debemos adaptar o domicilio para que unha persoa afectada poida manter o maior tempo posible a súa autonomía e tamén cómo actuar ante dificultades que poidan surgir en actividades cotidianas como vestirse, bañarse, dormir, etc.