Na tarde-noite do mércores 15 de febreiro, no IES Gamallo Fierros de Ribadeo celebrouse unha charla relativa á problemática, “O neno con déficit de atención e hiperactividade”. Dita charla foi organizada pola Asociación de nais e pais do centro e impartida polo Xefe de pediatría do Hospital da Costa Manuel Silveira. O salón de actos do IES presentou unha gran asistencia de persoas interesadas no tema.