Site icon Crónica3.com A Mariña

Coidado coa dereita arcana

Nos bos tempos criamos nos políticos, na seguridade que nos proporcionaba a policía, uns ahorriños nos bancos e un presente increíblemente divertido e descoidado. Adornados de máis ou menos argumentos críticos, camiñabamos confiados nos pequenos mundos que nos rodeaban, traballo, familia, amigos, veciños e paisanos. Un paraíso comparado con aquela etapa predemocrática en branco e negroque nos tocou vivir a alguns.
A tensión aumenta día a día nos fogares desta terra porque alguén aí fóra, ou tamén desde dentro, quere minimizarnos, facernos sentir pouquiña cousa, vulnerables, apaleables, despedibles, desahuciables, mindundis. Distraídos que andabamos, nós os cidadáns do mundo chamado civilizado e occidental, rico, o do benestar e o sumo consumo, co noso enorme ego medrado riamos felices satisfacendo o capricho de cu vexo, cu quero, e agora que facemos coa carallo na boca?
Certo é que a crise chegou para o mundo máis sobrado, pero certo é tamén que hai moitas formas de facer fronte ás súas dolorosas consecuencias. A resposta cidadá non pode ser máis unánime, protestas, manifestacións, concentracións, solidariedade, voluntariado, etc. A inseguridade invádenos.
Pero non hai mal nin ben que cen anos dure. En pouco tempo vémonos atacados por todas as frontes. Recrimínase a quen alude á decadente “clase política” mentres todos os titulares de prensa dan noticia do desafecto cidadán cara a esa “casta” que nos pon sobre a mesa un menú incomestible; de aperitivo o paro, de primeiro prato a crise, de segundo os políticos e os seus partidos, e para sobremesa a corrupción e a fraude, todo iso aliñado coas virutas dos tixeirazos en sanidade, educación e cultura.
Agora vemos a película do revés, os nosos gobernantes atácannos, as forzas de seguridade apaleanos, os bancos róubannos os aforros e ata a propia casa, non temos cara a onde volver os ollos. gástase enmaterial antidisturbios o que se quita de atencións sanitarias a inmigrantes e dependentes, inclúese na sanidade pública gratuita a todos os profesionais libres que NUNCA cotizaron á Seguridade Social e a cambio expúlsase dela aos inmigrantes que pagaron as súas cotas mentres tiveron traballo.
Tan do revés está a paisaxe que aproveitando que o río pasa pola porta régase a horta e emerxe de novo aquela Dereita arcana, católica, apostólica e romana de fauces insaciables, devoradora de dereitos individuais, cidadáns, sociais, laborais e ata humans, inseparable daquela mesma Igrexa insolidaria, inquisitorial e ansiosa de posuír máis e máis poder, riqueza e luxo a costa do pan dos mais pobres do que só usa para pedirles o voto, e o mais fodido e que moitos deles o fan, pois “Que vivan as cadeas”.

Exit mobile version