Site icon Crónica3.com A Mariña

Deputados do Partido Popular de Lugo reúnense con representantes do sector pesqueiro en Burela para escoitar as demandas e manter un dialogo continuado entre sector e cámaras representativas

IMG-20170217-WA0005Burela, 17 de febreiro de 2017.- O deputado no Congreso dos Diputados por Lugo, Jaime de Olano e o deputado autonómico, o ribadense Daniel Vega, mantiveron esta mañá un encontro con diversos representantes do sector pesqueiro en Burela.

Representantes da Sociedade de Armadores de Burela S.A. (ABSA); da Organización de Produtores Pesqueiros e da Cofradía de Burela mantiveron un encontro no que aproveitaron para trasladarlles ós deputados as súas inquedanzas e a súa visión do futuro do sector.

O sector pesqueiro é un dos máis importantes na comarca da Mariña e os deputados trasladaron ós representantes do sector o compromiso de ambos executivos, autonómico e nacional, co futuro do mesmo. Do mesmo modo o encontro serviu para repasar as medidas en apoio ó sector que leva desenrolando tanto a Xunta de Galicia coma o goberno central.

O deputado autonómico, Daniel Vega e o seu compañeiro no Congreso dos Deputados, Jaime de Olano, aseguraron que esta serie de encontros que están a realizar permiten cumprir o desexo dos populares de manterse sempre na realidade dos sectores, “En política é convinte escoitar primeiro para logo poder tomar as medidas que realmente sexan positivas para o sector”.

Exit mobile version