Site icon Crónica3.com A Mariña

Enterro da Sardiña no Valadouro

O Valadouro 23-2-17. A Concelleria de Cultura do Concello do Valadouro fixo reparto duns buzóns entre os establecementos hosteleiros de Ferreira co lema: Enterro da Sardiña. Estes buzóns están destinados para recoller as coplas, rimas ou sainetes (críticas en verso) sobre asuntos de índole local, nacional ou do mundo que se lle ocorran aos veciños de Valadouro. O anonimato das coplas será respetado pola organización.

No acto pincipal do Enterro da Sardiña, haberá un xuízo do Meco na Praza de Santa María como responsable das desgrazas ocorridas durante o ano dende o último Antroido. Unhas testemuñas serán as encargadas de ler as devanditas coplas ou acusacións contra o Meco, os defensores faran alegatos a favor e finalmente o xuíz dictara sentencia.

A xornada rematará con música co grupo Tribal e o reparto á concurrencia de bolos preñados.

Exit mobile version