Site icon Crónica3.com A Mariña

Entroido 2017 no Concello do Valadouro

A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro organiza e informa sobre os actos de Entroido neste ano 2017.

Empezará o desfile de Antroido o día 26 de febreiro coa saída do Parque Concepción Arenal ás 17:00 da tarde. As categorías que entran en concurso son Infantil individual, infantil parella e infantil grupo e por outra banda as categorías de adulto, individual, parella e grupo que loitarán por premios por un importe conxunto de máis de 1500 euros. Para os nenos haberá un inchable infantil e para todo o público ao remate da xornada, música co grupo Mayel Trío.

O 28 de febreiro ás 20:00 horas iniciará o Enterro da Sardiña, con saída da comitiva fúnebre desde o Parque Concepción Arenal e percorrido polas rúas da Veiga, Avda de Viveiro, Andrés López Palmeiro ata a Praza.
Aqui haberá o Xuizo e lectura de coplas recollidas nos locais hosteleiros entre o 20 e o 26 de febreiro e logo sorteo dunha cesta doada polos locais hosteleiros. Finalmente haberá reparto de balde de bolos preñados e viño amenizados polo grupo musical Tribal. A organización prega acudir a este evento con roupa escura

Exit mobile version