Site icon Crónica3.com A Mariña

José Luis Sariego é o novo presidente da asoc. de xubilados Terramar

TERRAMARCervo 4-2-17. A Asociación de Xubilados Terramar vén de celebrar a súa asemblea anual á que asistiron máis de 100 socios.

Foi un acto aberto a todo tipo de suxerencias no que se aprobou o nombramento de José Luis Sariego como presidente, en substitución de Francisco Alves, que seguirá a formar parte da directiva, que se reforza coas incorporacións de Lis Peña e Isabel Quelle, ámbalas dúas integrantes da coral Terramar, e socias da organización.

Dende a asociación queren agradecer o gran labor desempeñado nos últimos anos polo anterior presidente e agradecerlle a súa dedicación; os 150 socios recoñecen o seu traballo impecable ao fronte de Terramar.

Na asemblea, que rematou cunha chocolatada para tódolos asistentes, tamén se trataron múltiples asuntos de interese, como a realización de diversas actividades, entre as que destaca a asistencia á Feira do viño de Sober, o domingo de cinza. Tamén pretenden organizar cursos de manualidades con papel, obradoiros de adornos frorais e charlas médicas e alimenticias ao longo de todo o ano.

Dende a asociación recordan que enviarán nos vindeiros días unha carta a tódolos socios, dando a coñecer a programación de actividades e os cambios na directiva.

A asociación de Xubilados Terramar ten a sede na casa do mar, aberta tódolos días. Alí contan con sala de televisión e lectura e organizan campionatos de tute e parchís, entre outras actividades.
Tamén queren agradecer a colaboración de Alcoa, e especialmente do Concello de Cervo, porque afirman que sin a súa axuda a asociación sería case un imposible; disponen de instalacións municipais para a súa actividade, e grazas ao ascensor que se instalou recentemente, contan cun local accesible para tódolos socios.

Exit mobile version