Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá e Foz, campións da IV liga prebenxamín da Mariña

lourenza-campion1617Burela 22-2-17. A IV Liga Prebenxamín de Fútbol Sala da Mariña despediuse esta fin de semana co Maderas Barcia Lourenzá e AD Santiago de Foz como campións, despois dos últimos encontros aprazados. Os laurentinos alzáronse con título con 24 puntos en Prebenxamín 1 e os focegos fixeron o propio en Prebenxamín 2, con 16 puntos.

A cuarta edición da Liga organizada pola Fundación Imdecum estreouse a comezos de novembro. Na competición, rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo, participaron 5 clubs da comarca: A Fuga ACD Xove, AD Santiago de Foz, Maderas Barcia Lourenzá, ED Barreiros e ED Pescados Rubén Burela FS.

En marcha, a Copa

Os equipos prebenxamíns da bisbarra volverán ás pistas o 11-12 de marzo, coa posta en marcha da Copa Prebenxamín da Mariña, aberta para todos os conxuntos mariñáns, non só para os que disputaron a competición ligueira. Os interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o martes 28 de febreiro a través de contacto@imdecum.com

Exit mobile version