Site icon Crónica3.com A Mariña

MARABUNTA DE XERIÁTRICOS

O envellecemento da poboación é un feito sobradamente coñecido por todos. Nacen poucos pequenos e a lonxevidade da vida é cada vez maior. Por iso se anuncian a “bombo e platillo” a construcción de novos xeriátricos nos que ficaremos todos se a salud no lo permite. Non cabe dúbida de que como en anos anteriores se produxo o “boom” do ladrillo agora acontece o mesmo coas residencias para maiores. Sociolóxicamente as razóns para que un anciano acabe nun centro deste tipo son moitas e por todos coñecidas: os fillos viven lonxe e eles non queren deixar o seu fogar; se nos matrimonios dos fillos traballan as parellas estarían sós todo o día; pola súa dependencia, …ou simplemente por que molestan. Ter un maior na casa obliga a facerse responsable de él, a saber que está ben mantido, que se acomete cada día a súa hixiene física e síquica, a adicarlle tempo para falarlle e acompanalo, preocuparse da súa medicación e das súas consultas médicas, …¡Para moitos fillos un traballo esgotador!

Eu coidéis ós meus maiores (non me arrepinto) e son, entre outras cousas, enfermeira cun postgrado en geriatría, polo que séi moi ben do que falo, ainda que na miña terceira idade deba acabar nunha residencia. Dito esto, vou ao que iba. Non me parece de boa educación nin pertinente decirlle ós nenos que os avós están no geriátrico porque non se pode aprender nada de eles, porque estorban, porque os pequenos que se crían cos avós poden padecer algún tipo de trauma, porque ós maiores non poden comer á mesa cos menores do fogar porque se baban ou lles leva moito tempo, … ¿En qué realidade social vivimos? ¿Quenes din todas estas atrocidades para calmar as súas conciencias malsanas pensan que non van a acabar eles nunha residencia? Por favor, actuemos conforme ás nosas conciencias e fagamos cada un o que nos pareza pero non mintamos ós pequenos. E se teñen os avós nun geriátrico levémolos a velos porque ser maior non é contaxioso, só é que o paso da vida nos permite seguir vivindo.

Respeto o que faiga cada quen. Pero verse nunha residencia separado do propio entorno, da familia, dos amigos, …non é grato. Por eso non me gusta a marabunta de geriátricos que se están a construir. Para mín non son máis que o símbolo dunha sociedade debilitada polo egoísmo.

Exit mobile version