Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno do concello para ordenar o tráfico na Rúa Prolongación e Rúa do Pilar por riba do Mercadona

Foz 22-2-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juán Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Unha das Rúas con máis tráfico do noso Concello a data de hoxe, podemos comprobar que pode ser a Rúa que vai por riba do Mercadona, coñecida como prolongación da Rúa do Pilar que une a Rúa Costa do Castro coa Rúa do Calvario.Esta Rúa serve de desafogo tanto do Colexio do Pilar como de moitos veciños que a utilizan para sair ou entrar en Foz. Sen embargo en moitos momentos do día ese tráfico non é nada fluido pola estreite da Rúa aumentada polo estacionamento en ambos dous lados de vehículos.Pensando na nova restructuración do tráfico coa renovaciós das Rúas Álvaro Cunqueiro e Avda. da Mariña, dende “Foz,Plataforma de Futuro” entendemos a necesidade imperiosa de facer que esta rúa teña un tráfico moito mais fluido, e tanto podería facerse facilmente coa prohibición de estacionar a un dos lados da Rúa ou poñela en sentido único, creemos a necesidade de que a Policía Local do noso Concello faga un estudo e se lle de a mellor solución posible para axilizar o tráfico.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a que ordene á Policía Local a facer un estudo de cómo axilizar o tráfico o máximo posible na Rúa Prolongación do Pilar,rúa que une a Rúa Costa do Castro coa Rúa do Calvario, e despois de facer este estudo se proceda por parte do Concello a tomar as medidas oportunas para levalo a cabo.Dende a nosa formación propoñemos dúas posibles solucións, a prohibición de estacionar a un dos lados da Rúa, ou poñela en sentido único, hai que recordar que mui cerca desta rúa hai un aparcamento público.

Exit mobile version