Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó concello ó adecentamento coa construción dunha zona de esparcemento no barrio da Espiñeira , en Vilaronte

O barrio da Espiñeira, en Vilaronte, é un barrio emblemático do noso Concello.Como na maioría das parroquias a poboación vai envellecendo, pero a parroquia de Vilaronte é unha das das parroquias do noso Concello onde segue habendo un importante numero de nacementos.Nos últimos tempos puxéronse en contacto con nós veciños deste barrio expoñéndonos que lles gustaría contar cunha zoa de esparcemento na “Feira da Espiñeira” que contara cun pequeno parque infantil e ó mesmo tempo cunhos aparellos de ximnasia para as persoas maiores como hai noutras zoas do noso Concello.Hai que dicir tamén, que si ben pola semana non hai un número importante de nenos nesta zoa, os fines de semana vese incrementado nun importante número cando van ver normalmente ós avós.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno ó equipamento no barrio da Espiñeira, mais concretamenta na “Feira da Espiñeira” dunha zoa de esparcemento que conte cun pequeno parque infantil e cunhos aparellos de ximnasia para as persoas maiores desta zona.

Exit mobile version