Site icon Crónica3.com A Mariña

O 28 de febreiro, martes de entroido, non haberá recollida de cartón porta a porta e o punto limpo estará pechado pola tarde en Ribadeo

Ribadeo, 24 de febreiro de 2017. O vindeiro 28 de febreiro, martes de Entroido, non haberá recollida de cartón porta a porta, segundo informa a Concellaría de Limpeza Viaria.

Jorge Díaz Freije explica que “debido a que o desfile do Entroido terá lugar esa tarde polas rúas máis céntricas da vila resultaría complicado realizar a recollida de cartón porta a porta. De aí que lles pedimos aos establecementos comerciais que o martes de Entroido non deixen o cartón na rúa”. O martes pola tarde tamén estará pechado ao público o punto limpo.

O edil nacionalista engade que “o Entroido é unha festa moi importante para Ribadeo e os seus veciños e veciñas. Desde a Alcaldía, a través dun bando, pediuse flexibilidade ao empresariado para que todo o mundo poida participar no desfile e gozar do espectáculo que encherá de orixinalidade, de humor e de color as rúas da vila. E desde a Concellaría de Limpeza Viaria sumámonos á festa”.
A recollida do cartón porta a porta farase de novo o xoves, 2 de marzo.

Exit mobile version