Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pídelle ao Partido Popular que poña solucións efectivas á praga da pataca en lugar de fuxir das súas responsabilidades e de transladar o problema a outras institucións

A Mariña, 21 de febreiro de 2017. O Partido Popular sigue na súa fuxida cara adiante no problema da couza da pataca, sen saber como xestionar esta praga. Os cargos políticos da Xunta desenténdese da súa responsabilidade. Aparte de dar informacións contradictorias que nada lle aclaran ao sector e ademáis de pasarlle a responsabilidade aos almacenistas, aos productores e aos concellos, agora tamén lle trasladan a responsabilidade á Deputación, visto o anuncio que veñen de facer de presentar unha moción ao respecto no vindeiro pleno desta institución. Nestes términos manifestouse o deputado provincial Antonio Veiga.

As únicas medidas adoptadas polo PP nestes dous últimos anos foron erráticas e nada efectivas.
Para o BNG, esto só é un intento de desviar a atención cara outro lado, xa que solucións efectivas enriba da mesa ainda non puxeron ningunha. E pola contra, acórdanse agora de pedir “unidade de acción”cando o problema os sobrepasa e se ven incapaces de atallalo, e sen ter consensuado nada cos labregos nin darlles información a tempo, porque este é un problema que xa non é de agora, e que se remonta dous anos atrás, e desde aquela o único que fixeron foi adoptar medidas erráticas, non efectivas e discriminatorias, agravando mais o problema.

“Non tén sentido que o Partido Popular, que tén as máximas responsabilidades de goberno na Xunta e no Estado se inste a sí mesmo a buscar solucións ao problema. Tenen que asumir as súas responsabilidades e traer solucións. Todo o demais é un puro exercicio de cinismo e caradura”, manifestou o deputado nacionalista.

Para o deputado nacionalista tampouco é casual nin pasa desapercibido o feito de que o Delegado Territorial da Xunta José Manuel Balseiro “desaparecera” da lista de ponentes das charlas informativas que está realizando a Xunta pola comarca, despois da pouca capacidade de convicción que amosou na charla inicial celebrada en Xove.

“Balseiro desaparece e pásalle a pataca quente a Elena Candia para que defenda o indefendible na Deputación”, afirmou Veiga.

Exit mobile version