Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Sagrado Corazón acolleu unha charla sobre a lei do menor. Foi organizada polo Concello de Ribadeo , enmárcase no programa ktorce-18

240217 Foto charla Ribadeo 2Ribadeo, 24 de febreiro de 2017. Hoxe os/as alumnos/as de 3º e 4º da ESO do colexio Sagrado Corazón asistiron a unha charla enmarcada no programa Ktorce-18, que levan adiante a asociación Arela e a Fundación Barrié. A actividade foi organizada polo Concello ribadense.

Segundo explicaron desde a OMIX “a cita ten un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos/nas adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar, o consentimento nas relacións…. explicando as consecuencias legais e as responsabilidades dos/das menores nas mesmas”. E engaden que “este programa quere achegar a lei do menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, co fin de informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos”.

A charla foi impartida por Ana Pérez, coordinadora da área de conflito social da asociación Arela. Esta actividade xa se realizou tamén no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros.

Exit mobile version