Villares recorda que “na filosofía deste equipo de Goberno a concienciación ambiental ocupa unha posición preeminente, e por iso poñemos especial énfase en iniciativas coma esta, coas que pretendemos abrir camiño aos veciños para que, nesta caso a través da prantación de árbores froiterias, as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.
Neste senso, creemos que é primordial -engadiu- “manter unha liña de traballo que en comunión co medio, redunde en beneficio dos cervenses e da súa calidade de vida”.
O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, un importante aforro aos veciños que solicitaron as árbores, que nesta ocasión foron sobre todo especies cítricas, e tamén castiñeiros e nogueiras, aínda que en menor medida.
Esta é unha das diversas iniciativas en materia ambiental que ten en marcha o Concello de Cervo. Así, tamén se está a traballar, por exemplo, na reforestación de tódolos montes de propiedade municipal con árbores autóctonas, con especial atención ás especies produtivas, como os castiñeiros, porque no aproveitamento sustentable dos montes, os veciños tamén poden atopar, en certo modo, un medio de vida.