Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo convoca a veciños, asociacións e a toda a hostalería a unha xuntanza para definir a organización da Maruxaina e as festas patronais de San Cibrao

Cervo, 11 de febrerio de 2017.- O Concello de Cervo convoca unha reunión aberta a veciños, asociacións e, nomeadamente, a toda a hostalería, para abordar a organización da Festa da Maruxaina e das Festas Patronias de San Cibrao.

O encontro será o vindeiro mércores 15, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de San Cibrao.
Neste senso, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agarda que “este chamamento cale nos nosos veciños, asociacións e fundamentalmente na hostalería; esperamos que asistan a esta xuntanza, para definir a organización tanto da Maruxaina, como das Festas Patronais; piares da cultura e da tradición do noso Concello que temos que preservar coa implicación de todos”.

Deste xeito, Villares recordou que “nos últimos anos foron varios e diferentes concelleiros de este equipo de Goberno os que se encargaron da organización das Festas Patronais, que recaeu neste Concello porque ninguén se quixo facer cargo”, pero nós entendemos –engadiu- “que as Festas deber ser do pobo e partir del, é importante e necesario, así, que sexa o pobo quen tome as rendas, e nós dende o Concello seguiremos, por suposto, brindando o noso apoio incondicional en todo o necesario, como sempre vimos facendo, pero entendemos que, tanto a Maruxaina, declarada de Interese Turístico Galego, como as Patronais, forman parte da nosa identidade e deben xestarse, se é posible, á marxe de toda tinte política”.

Estamos convencidos -engade- de que “a xuntanza será proveitosa, dada a importancia que para tódolos cervenses teñen as nosas Festas, símbolos esenciais da nosa historia e un reclamo turístico de primeira orde”.

Exit mobile version