Cervo, 15 de xaneiro de 2017.- O Concello de Cervo vén de convocar unha serie de reunións informativas nas diferentes parroquias do municipio para abordar a problemática da praga da couza guatemalteca da pataca.
Neste senso, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares informou que “se emitiron unha serie de bandos municipais para emprazar aos nosos veciños a estas xuntanzas para informar, en todo o que estea na man, sobre este problema”.
Neste senso, Villares sinalou que “as primeiras reunións serán mañá mesmo nos centros sociais da Senra e Castelo, ás 19:00 e ás 20:00 horas, respectivamente; o venres convocamos aos veciños da Venta e Trasbar, nos centros sociais, en horario tamén de 19:00 e 20:00 horas.
O luns, as reunións serán na Casa da Cultura de San Ciprián, e na Escola de San Román, igualmente en horario de 19:00 e 20:00 horas.
O calendario de reunións complétase o martes, no salón de plenos do Concello de Cervo e na Escola de Rúa, en horario de 19.00 e 20:00 horas, respectivamente.