Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo programa un bautismo de mergullo na piscina olímpica de San Cibrao

130217 Presentación bautismo mergulloCervo, 13 de xaneiro de 2017.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de San Cibrao.

A actividade, presentada polo edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, o presidente da Escola, Julio Vázquez e a membro e monitora do club Ana Ferreiro, será o vindeiro 18 de marzo, en horario de mañá.
A inscrición está aberta a tódalas persoas maiores de 16 anos, que non teñan ningunha contraindicación médica.

Soto recordou “que a piscina de San Cibrao é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”
Hai un máximo de 30 prazas. Os interesados poden anotarse na propia piscina de San Cibrao, chamando ao teléfono 609.42.32.10 ou enviando un correo electrónico a info@buceocostalugo.es.

Exit mobile version