A edil de Cultura, Dolores García, anunciou hoxe que contará coa actuación do pallaso Peter Punk, “un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos, e, en Cervo, temos o privilexio de poder gozar do seu espectáculo este Entroido, nunha tarde que será de risas aseguradas para toda a familia”
Ademais, García sinalou que na carpa instalaranse unha serie de inchables “ademais de moitas outras sorpresas que queremos que descubran ese mesmo día na carpa, polo que animamos a tódalas familias a que se acheguen cos seus nenos esa tarde a San Cibrao, na que tamén lles ofreceremos aos pequenos da casa, unha merenda a base de chocolate con churros”.