Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de foz está limpando de maleza o pico da Frouxeira, traballos que deixan ao descuberto novos lugares de interese nesa zona

100217 PEDRO FERNÁNDEZ MANÍN CO ENCARGADO DA EMPRESA QUE LIMPA O PICO DA FROUXEIRAFoz, 10 de febreiro de 2017. O Concello de Foz está a levar a cabo labores de limpeza da maleza no pico da Frouxeira. Os traballos está previsto que rematen este mes e deixarán ao descuberto novos lugares de interese para os visitantes.

O concelleiro de Obras, Pedro Fernández Manín, anunciou que “o Concello de Foz está a levar a cabo a limpeza do pico da Frouxeira. Hoxe estiven visitando a zona co encargado da empresa que está a facer os traballos. Estamos rozándoo por completo e limpando desde onde empeza a subida”.

Fernández Manín salienta que “é un sitio precioso que moita xente quere visitar e non podía subir. Cando rematen estes traballos si se poderá subir para visitar este lugar e incluso ver, polo que me di xente moi antiga da zona, sitios que non se coñecían. Descubríronse lugares na mesma zona da Frouxeira que nunca antes se viran”.

O edil quere “animar a todos a que o visiten, unha vez rematado o traballo que se está a facer no pico da Frouxeira. É un lugar moi reclamado por todos os turistas. A continuación seguiremos a limpar toda a ruta desde Foz”.

Exit mobile version