Javier Castiñeira anunciou: “fíxose unha obra importante dentro do núcleo urbano de Foz, concretamente na Praza de Mondoñedo. É un cruce de rúas na zona da Ribeira de Foz que leva moitos anos sen rematar, desde que se fixeron as obras de pavimentación da rúa Constitución, a carón da antiga confraría de pescadores. Era unha demanda que nos fixeran os veciños porque quedara un sobresalto bastante grande e incómodo e era un remate que non estaba feito”.
Pola súa banda o concelleiro de Obras comentou: “procedeuse á súa pavimentación con aglomerado asfáltico; dentro dunhas melloras doutros contratos incluímos esta obra. É unha obra sinxela pero que van notar os veciños posto que era unha reclamación nun sitio de paso importante de vehículos pois supoñía un incomodo bastante grande”.
O alcalde subliñou que “esta é unha das obras que pediu o BNG de Foz nos últimos plenos, a mellora do pavimento da praza de Mondoñedo. Atendendo a esas peticións, que son lóxicas e razoables, o equipo de goberno tamén trata de ir satisfacendo as demandas dos veciños. Era unha obra necesaria que se cubriu coas melloras doutros contratos e doutras obras que se viñeron facendo en meses anteriores”.