Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá felicita á nena Claudia Carril Cabaleiro por acadar o primeiro premio na súa categoría do concurso provincial de poesía de nadal

250217 CLAUDIA CARRIL NA ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME PROVINCIAL DE POESÍA DE NADAL (1)Lourenzá, 25 de febreiro de 2017. O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Cultura, felicita a Claudia Carril Cabaleiro, alumna do CEIP Juan Rey, porque ven de acadar o primeiro premio de poesía de Nadal no certame provincial da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril participou na categoría B (de 9 a 11 anos) co poema titulado Promesas de Nadal e recibiu como premio unha figura de Sargadelos, un lote de libros e un diploma acreditativo do galardón.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anima a todos os nenos e nenas do municipio a participar “neste tipo de concursos que potencian o gusto pola literatura e as artes plásticas”. Aproveita tamén para “agradecer a colaboración dos mestres e mestras do CEIP Juan Rey que fan que o nome de Lourenzá apareza frecuentemente nos medios de comunicación por noticias coma esta”.

Exit mobile version