Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo adhérese ao convenio da Xunta e a FEGAMP para que as persoas con menos recursos poidan acceder a unha vivenda

Foto 2MONDOÑEDO, 21 de febreiro de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinou este martes en Lugo o convenio, a través do cal este municipio se adhire ao documento suscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e que permite que as persoas con menos recursos ou que se atopen en risco de exclusión social poidan acceder a unha vivenda. No acto tamén participaron a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e os alcaldes de Trabada, Pobra de Brollón, Guitiriz, Monforte de Lemos e o tenente alcalde de Viveiro.

Deste xeito, Mondoñedo, xunto con Trabada e Viveiro, son os tres primeiros concellos da Mariña que se suman á iniciativa; o que, en palabras da rexedora mindoniense, “pemite dotar de más recursos ao nosos municipios, garantindo, ademais, o dereito constitucional de que todos os cidadáns dispoñan dunha vivenda digna”.

“O que buscamos, subraia, é unha utilización máis racional das vivendas. Mobilizamos os inmobles desocupados para poder destinalos a alugueiro social e achegar solucións ás familias en risco de perder o seu fogar”. Por este motivo, considera que é unha medida “necesaria e útil”. “Serve de salvavidas para aquelas persoas que o están pasar mal”, destaca.

Elena Candia agradece a disposición da Xunta e da FEGAMP para o desenvolvemento deste proxecto, xa que se demostra que, “grazas á planificación entre administracións dos criterios que rexen as políticas sociais conseguiremos que non haxa xente sen casa, nin casas sin xente”.

Características do convenio
Os concellos seleccionan as vivendas baleiras de propiedade pública ou privada para dar cumprimento ao convenio. Estes inmobles contan con seguros, que son acuste 0 para os propietarios, ao tempo que ofrecen garantías e blindan aos titulares das vivendas. Son os seguintes:

– Un seguro multirisco no fogar, quedando cubertos todos aqueles incidentes que se produzan nos mesmos durante o alugueiro.

– Un seguro de garantía de cobro nas mensualidades impagadas polos arrendatarios, así como a asistencia xurídica dos arrendadores no proceso de desafiuzamentooureclamacións por impagos.

Demandandantes e obrigas dos mesmos
Os beneficiarios serán: unidades familiares afectadas por hipotecas, por proceso de desafiuzamento xudicial por impago das rendas; familias con fillos menores, familias numerosas e familias monoparentais con fillos ao seu cargo; mulleres vítimas de violencia de xénero; persoas maiores de 65 anos ou dependentes; persoas perceptoras das axudas ao aluguer xestionadas polo IGVS e que, unha vez rematado o período de concesión, permanezan nunha situación de desprotección; persoas con dificultades para acceder a unha vivenda logo de que a súa se vise afectada por un incendio, asolagamento, ou causas semellantes.

Os destinatarios deberán atoparse nunha situación persoal que lles impida acceder a unha vivenda en alugueiro no municipio; ter uns ingresos mínimos que lles permitan facer fronte ao alugueiro e non ter parentesco coas persoas arrendadoras.

Renda en Mondoñedo
No caso da renda da vivenda neste municipio, esta non poderá superar os 250 euros. Isto débese a que Mondoñedo está na zona 2, segundo os parámetros establecidos no convenio subscrito, e que ten unha vixencia ata 2019. En total, en Galicia adheríronse a esta iniciativa 39 concellos, dos que 8 son da provincia de Lugo. Aos que hoxe se sumaron, hai que engadir os de Quiroga e O incio, que xa o fixeron previamente.

Exit mobile version