Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo elabora unha enquisa sobre os hábitos dos adolescentes á hora de saír c@s seus amig@s

Ribadeo, 16 de febreiro de 2017. O Concello está a elaborar unha enquisa sobre os hábitos dos adolescentes á hora de saír c@s seus amig@s, a través do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos.

A responsable do programa, Mónica Fernández Lamparte, explica que “imos realizar unha enquisa entre 350 adolescentes de Ribadeo escolarizad@s nos centros Sagrado Corazón, IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros e CIFP Porta da Auga. Queremos recoller información sobre os hábitos dos adolescentes á hora de saír, se toman ou non alcohol, a que hora chegan á casa, etc… para así poder adaptar mellor os programas ás súas necesidades”.

Lamparte engade que “os rapaces e rapazas enquisados teñen idades comprendidas entre os 13 e os 30 anos. Estamos agora ultimando os detalles coas orientadoras e titores-as que me axudarán a pasarlla ao alumnado ao longo dos vindeiros días. Trátase de 12 preguntas, algunhas con resposta aberta e outras pechada sobre o consumo de alcohol ou non, a frecuencia, os lugares, a hora de chegada á casa”.

A responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos aditivos sinala que “unha vez feita, en cando a teñamos corrixida faremos públicos os resultados”. Mónica Fernández agradece “a grande colaboración dos departamentos de orientación, titoras e titores e profesores-as en xeral para poder levar adiante esta investigación”.

Exit mobile version