Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno xera outros 19 postos de traballo en 5 Concellos a través do DEPUEMPREGO

DSC_0042Lugo, 20 de febreiro de 2017. O Goberno xera outros 19 postos de traballos en 5 Concellos da provincia a través do DEPUEMPREGO, o plan que o Executivo da Deputación dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 19 empregos que o Goberno da Deputación ofrece en Cervo, Foz, Guitiriz, O Páramo e Paradela. Máis información en www.deputacionlugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.

– En Cervo, ofértanse 5 postos de peón, e o prazo está aberto ata o 2 de Marzo.
– En Foz, son 2 auxiliares administrativos e as solicitudes poden facerse ata o 24 de febreiro.
– En Guitiriz, búscanse 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social, e as solicitudes poden facerse ata o 26 de febreiro.
– No Páramo, ofértanse 3 peóns de obras ata o 21 de febreiro.
– En Paradela, búscanse 4 peóns de obras públicas é o prazo está aberto ata o 6 de marzo.

Con estes 19 novos empregos, son xa 185 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 50 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que son un 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se xerarán outros 78 empregos.

Distribución dos 166 traballadores
Tendo en conta as cifras anteriores, e á espera da vindeira incorporación de 19 novos traballadores en ditos 5 Concellos que resulten beneficiados dos procesos de selección que levarán a cabo os propios municipios; hoxe son 166 as persoas que xa están a traballar en 46 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.

Na Mariña son 23 postos de traballo en 9 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.

Na Terra Chá son 35 postos de traballo en 9 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor

Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.

Na Comarca de Sarria son 11 postos en 3 Concellos: O Incio, 7 peóns; O Páramo, 1 animador sociocultural; e en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios.

Na Montaña son 19 postos de traballo en 7 Concellos: Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.

Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 36 postos de traballo en 9 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.

Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.

Exit mobile version