Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro agradece a Portos de Galicia o seu compromiso para o trasvase de area na praia de Covas

Viveiro 22 de febreiro de 2017. Dende o PP de Viveiro queremos agradecer a Portos de Galicia o seu compromiso para o trasvase de area na praia de Covas. Boa mostra disto e dada a gravidade do problema, é a visita a Viveiro que mañá xoves 23 de febreiro efectuará o seu presidente José Juan Durán para reunirse cos veciños afectados e explicarlles de primeira man os pasos a seguir a partires deste momento.

Tamén queremos agradecer e salientar que ante a imposibilidade de levar adiante a proposta inicial de que dito trasvase fora sufragado a medias por Portos e Costas – dada a non disponibilidade presupuestaria de Costas -, que sexa Portos de Galicia quen asuma o cen por cen o custe desta actuación.

Dende o PP de Viveiro admitimos que se vai con retraso sobre as datas que tiñamos anunciado para setembro do 2016, retraso que lamentamos e que veu motivado pola imposibilidade presupuestaria de costas e posteriormente quedar á espera de que a Xunta de Galicia tivese un presuposto para 2017, que obviamente se aprobou con retraso como consecuencia das eleccións autonómicas do 2016.

É agora, nada máis aprobarse en febreiro o novo orzamento da Xunta para 2017 cando xa se dispón da partida orzamentaria necesaria. Asi o trasvase de area farase mediante un contrato negociado e os trámites administrativos durarán entre 2 e 3 meses, polo que poderíamos estar falando de que a finais de maio ou principios de xuño se podería iniciar esta actuación tan necesaria e que en boa medida virá acompañada doutras para darlle unha solución definitiva a esta grave problemática da praia de Covas.

Unha vez máis queda demostrado o compromiso da Xunta de Galicia con Viveiro, desmontando asi ese victimismo e esa imaxe de abandono por parte da administración autonómica que sempre se quere trasladar por parte da Sra. Alcaldesa.

Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Exit mobile version