Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz pregúntase a que espera o Alcalde para solicitar unha charla sobre a praga que afecta ao cultivo da pataca

Foz 13-02-2017.- Logo de ver nos medios de comunicación que a Consellería de Medio Rural vai celebrar charlas nunha decena de concellos da mariña, sobre a praga da pataca, os socialistas de Foz preguntámonos a que espera o Alcalde de Foz para, como mínimo, reclamar un charla desas características no noso concello.

O problema é grave e afecta a moitos agricultores e outros profesionais que a comercializan, pero tamén a pequenos produtores a nivel familiar que plantan para o seu propio autoconsumo e non se pode seguir actuando a destempo.

O cabreo dos veciños de Foz é considerable, e así nolo fan chegar ao PSOE, son moitos os que están des-informados e confusos sobre como deben actuar, non saben si sementar ou non as patacas, si xa as teñen sementadas non saben que facer, si continuar coa plantación e cos traballos que ela conleva ou non, si van a recibir algún tipo de sanción por ter xa plantado, ou a quen acudir para recibir información, entre outras.

Dende o PSOE, consideramos, que aínda que se chegue a celebrar dita charla de medio rural, o Alcalde ten que ir mais aló e trasladar ás parroquias urxentemente, ben a través de bandos da alcaldía, en colaboración coas asociacións veciñais…etc o contido das mesmas e a recomendación de si se debe ou non sementar o tubérculo.

Ante a incerteza que hai neste momento, pois se esta á espera de un Real Decreto que defina si vai estar ou non estar prohibido plantar, o PSOE de Foz, xa presentou unha moción esixindo á publicación urxente do devandito Decreto, a dotación por parte da xunta de Galicia de unha partida orzamentaria suficiente para indemnizar aos afectados pola da campaña de erradicación si se prohibe a plantación e o que creemos mais importante e prioritario, que dende a Alcaldía, se tomen as medidas oportunas para achegar aos veciños toda a información necesaria.

Exit mobile version