Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz vai presentar unha moción de urxencia, para que dende o Concello se tomen todas as medidas ao alcance, co fin de facilitar o acceso a vivendas dignas e se evite o risco de exclusión social

Foz 22-2-2017.- Estes días asistimos en Foz á dramática situación na que se atopa unha familia con dous fillos que vai ser desafiuzada da súa vivenda.

Non podemos ser alleos ao sufrimento das persoas que non poden pagar o aluguer a hipoteca por recursos insuficientes ou noutros casos graves como de vítimas de violencias machistas.
Dende as administracións débese non só mostrar sensibilidade como manifestación solidaria, senón adoptar todas as medidas lexislativas que estean ao alcance para buscar solucións.
Para os socialistas é imprescindible e de xustiza, evitar o risco de exclusión e facilitar o acceso a unha vivenda digna.

Para evitar que casos como este se volvan repetir o grupo municipal do PSdeG-PSOE vai presentar unha moción de urxencia para que se tome o acordo de que o Concello de Foz:

•Facilite e xestione, ás persoas en risco de exclusión social, o acceso ás axudas do Bono Social da Xunta de Galicia.

•Complete o Bono Social con axudas dende Concello ampliando este si fose necesario.

•A adhesión ao convenio ou programa de vivendas valeiras da Xunta de Galicia par facilitar vivendas en aluguer a persoas en risco de exclusión social e violencia machista.

•Facer as xestión para que se firme un convenio de colaboración entre o Concello e empresas promotoras de Foz para que se poñan á disposición dos servizos sociais do concello vivendas en aluguer a persoas en risco de exclusión social e violencia machista.

•Se fomente que particulares que teñan vivendas baleiras as poñan a disposición do concello para integralas no programa da Xunta de Galicia e ter un rexistro das mesmas.

Exit mobile version