Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz recorda que se levan catro anos de subidas consecutivas da contribución nestes catro anos

Foz 18- 02-217.- Aos socialistas comprácenos que o Alcalde de Foz este a informar da bonificación do 5% que se vai aplicar no recibo da contribución si se ten domiciliado o pago. Que aos veciños que xa a teñen feita a domiciliación se lles vai aplicar de oficio, sen necesidade de facer ningún trámite, e avisando aos que non a teñen domiciliada e queiran desfrutar desta bonificación que teñen ata o 28 de febreiro para facelo. Unha información que consideramos correcta ante as dubidas suscitadas.
Non obstante o Alcalde fai alarde de unha rebaixa do tipo de gravame do 0’60 ao 0’52 e di que os focenses van ter unha rebaixa importante no recibo.
O PSOE no pode estar de acordo con esa manifestación, xa que recordamos e sufrimos nos nosos petos, que levamos catro anos de subidas consecutivas. Mais de un 57% de subida nestes catro anos
Compre recordar que foi o PSOE quen iniciou esta batalla alá por finais de 2015, cando pediu unha rebaixa do tipo de gravame, pasando do 0’60 que se estaba aplicando, ao 0’40, mínimo marcado pola lei, ante as subidas desproporcionadas e inxustas que estaba a aplicar o PP de Foz. Moción que resultou aprobada cos votos favorables de FPF e PSOE, sendo a súa aplicación paralizada, por alegacións presentadas tanto polo PP como por BNG nun claro desprezo aos veciños.
Meses despois inícianse negociacións para resolver as devanditas alegacións, o PP trae unha proposta de tipo do 0’54 á reunión de portavoces, FPF pronúnciase claramente cara a un tipo do 0´52 e o PSOE propón unha bonificación do 5%, a máis alta permitida por lei para a domiciliación de recibos, que o PP pretende reducir ao 2%. O PSOE ante esta perspectiva e a necesidade dá aliviar, un pouco e dunha vez a maltreita economía familiar, vota a favor da emenda do grupo FPF, que á súa vez, que acepta incluír na mesma dita bonificación do 5%.
Aínda que o PSOE foi parte importante nestes feitos, no podemos estar en absoluto satisfeitos con que se presuma de “baixada importante” da contribución cando esta é, ao noso xuízo, insuficiente y ridícula.
Os socialistas consideramos que aínda hai marxe suficiente de baixada e seguiremos traballando para racionalizar os impostos municipais
Unha proba de que a postura do PSOE de Foz é a correcta e que fai pouco viamos como os alcaldes galegos pedían formar parte do debate sobre a financiación local e como dende a FEGAMP reclamaban ao ministro Montoro que asuma unha revisión do IBI. Os alcaldes consideraban que as actualizacións que eles poden levar a cabo, como a que se fixo en Foz, “sempre resultan menos axustadas á realidade” o que os leva en moitos casos a baixadas do tipo de gravame.

Exit mobile version