Site icon Crónica3.com A Mariña

O salón de conferencias de Burela acolle este mércores unha charla sobre a couza guatemalteca das patacas

Burela, 28 de febreiro de 2017. O salón de conferencias acollerá mañá, 1 de marzo, unha charla sobre a couza guatemalteca das patacas. Será a partir das 20 horas.

O alcalde, Alfredo Llano, declaraba hai uns días que “este asunto ten unha grande importancia, xa que está afectando á pataca e hai moita preocupación en Burela. Aínda que non somos un concello gran produtor de pataca, si que hai moitas familias que as cultivan para o seu autoconsumo”.

O rexedor invita “a todos os produtores, pero tamén a aqueles que venden, distribúen ou almacenan patacas a asistir a esta charla sobre a couza guatemalteca, que terá lugar mañá. Consideramos que é de suma importancia que a xente veña, se informe e saibamos todos o que temos que facer”. A charla será impartida por técnicos da Xunta.

O salón de conferencias xa acolleu nas últimas semanas outras charlas informativas sobre o programa Leader 2014-2020 e sobre as cláusulas chan”.

Exit mobile version