Site icon Crónica3.com A Mariña

O subdelegado recibe ao capitán marítimo en funcións

alonso1Ramón Carballo, mantivo esta mañá no seu despacho con Francisco Alonso Lorenzo, que ocupa o cargo de capitán marítimo de Burela en funcións dende a xubilación de José Ángel Iglesias Durán o pasado día 16 deste mes e logo de máis de tres anos no posto.
Francisco Alonso, natural de Celeiro, é conselleiro técnico de seguridade e medio ambiente en Galicia da Dirección Xeral da Marina Mercante. Ocupará o posto de capitán marítimo provincial de xeito provisional, ata que o Ministerio de Fomento nomee ao novo responsable da Capitanía burelesa.

Exit mobile version