Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro arredor das medusas no Museo Provincial do Mar

Cervo 3-1-2-17. Este sábado, 4 de febreiro, vai ter lugar no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Cervo, entre as 11:00 e as 13:30 horas, un obradoiro dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos. O tema: as bágoas do mar!

As bágoas de Mar

As medusas, tamén coñecidas como “bágoas de mar”, son curiosas criaturas que habitan todos os océanos, nas augas xélidas e nas augas cálidas, nas profundas ou case nas superficiais.

Poden ter un lixeiro efecto urticante ou resultar mortalmente velenosas…, medir uns poucos centímetros ou pasar dos 2 metros, e ata ter moi diferentes cores, porque hai máis de 2.000 especies.

Que comen as medusas? Quen come as medusas? Quen son os seus depredadores? Son elas tamén depredadores? Por que está a aumentar o seu número?

Tratarase de dar respostas a todas estas e moitas máis preguntas á vez que nos mergullaremos na mitoloxía grega coa terrorífica Medusa coa cabeza rodeada de serpes colgantes e o valente Perseo.

Rematarase facendo entre todos unhas creativas e orixinais medusas.

Exit mobile version