Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas sobre subvenciones do PP de Viveiro

Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

No pasado pleno do 1 de febreiro aprobábase ( cos votos a favor do PP e os non adscritos e a abstención do Psoe e SON Viveiro) unha moción para que o clube do Mar de fútbol de Celeiro, xogase nas instalacións de Lavandeiras a partires da tempada 17/18.

Como queira que hai que efectuar unha serie de arranxos na instalación para axeitala a práctica da competición futbolística, dende o noso grupo propoñíamos que se solicitase unha subvención con cargo a ORDE do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, en concreto sinalábamos o seu artigo 1, apartado e) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
Dado que a citada orde se publicou no DOG do 20 de xaneiro, e o prazo de solicitude era dun mes a partir do día seguinte da súa publicación, e como queira que xa transcorreu ese prazo e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1) Solicitouse dita subvención?
2) En caso afirmativo, vai destinada a acometer as actuacións necesarias para adecuar as instalacións de Lavandeiras a práctica da competición futbolísitica?
3) Si non se solicitou, cales foron os motivos?

Nese mesmo pleno do 1 de febreiro, presentabamos un rogo para que se solicitase otra subvención dacordo coa RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anunciaba a convocatoria para o ano 2017.

Dita resolución tamén saía publicada no DOG o 20 de xaneiro, sendo o prazo de solicitude dun mes a partir do día seguinte da súa publicación. Como queira que o prazo trancurriu e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1) Solicitouse dita subvención?
2) En caso afirmativo, para que proxecto ou proxectos se solicitou?
3)Si non se solicitou, cales foron os motivos?

En Viveiro a 22 de febreiro de 2017
Antonio J. Bouza Rodil
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro

Exit mobile version