Site icon Crónica3.com A Mariña

Puerto de Celeiro, S.A. OPP-77 participará no Grupo de Expertos en mercados e comercio de produtos da pesca e da Acuicultura que terá lugar o próximo 22 de febreiro en Bruselas

Celeiro, 21 de febreiro de 2017. Eduardo Míguez López, adxunto de Puerto de Celeiro participará participará como experto da Asociación Europea de Organizacions de Productores Pesqueiros (AEOP)1 no grupo de expertos sobre os mercados e o comercio no sector da pesca e da acuicultura da Comisión Europea de Pesca que terá lugar mañá en Bruxelas.

Neste día de traballo o obxectivo é analizar o estudo dos hábitos de consumo da UE en relación aos produtos da pesca e da acuicultura. Realizarase unha presentación e intercambio de puntos de vista entre a Comisión e o grupo de participantes.

Do mesmo xeito realizarase un seguimento de avaliación intermedia da execución dos plans de produción de acordo co regulamento da OCM e a regulación do FEAMP. Tamén se fará unha avaliación ex post dos estándares de marketing.

Na xornada da tarde abordaranse os fondos de promoción dos produtos agroalimentarios, o suministro externo de produtos da pesca e da acuicultura, concluíndo o día cos últimos dous puntos de discusión: Observatorio do mercado europeo de produtos pesca e da acuicultura e o informe económico do sector da acuicultura da UE.

Exit mobile version