“Estámonos xogando o terceiro e cuarto posto, vai ser un partido moi emocionante e disputado” adiantaba a capitá laranxa, Bea Mateos. En Vista Alegre, os tres puntos subiron á cuadrícula das madrileñas con 1-3; para o domingo, a 14 burelista espera un equipo máis maduro e formado: “Medirémonos a un rival máis traballado; comezou a tempada con novidades e melloraría moitísimo, aínda que para min xa era un equipazo. Xogando na súa pista quererán sacar os tres puntos si ou si, pero nós imos dispostas a non darlles nin a máis mínima facilidade” aseguraba Bea Mateos nunha semana con gran reforzo anímico polo excelente traballo demostrado ante o líder: “Todo o mundo saíu con boas sensacións porque se fixo un grande esforzo e loitouse ata o final, pero parece que sempre nos sobran 5 minutos contra o Alético de Madrid”, lembraba a salmantina.
O equipo de Lucas e Julio Delgado chega á cita con limitacións nos efectivos. “As xogadoras que estamos tendo moitos minutos temos molestias; eu non adestrei en toda a semana, a ver se podo chegar para o domingo. Xa temos preto un descanso, a ver se nos recuperamos un pouco” concluía a 14 burelista. Nerea será dúbida de última hora.
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira