O edil socialista quixo agradecer á directiva do Porto Burela “a invitación que tivo comigo para que asistira a este acto en representación do Concello de Burela, cousa que me enche de orgullo e que demostra o extraordinario entendemento que existe entre a directiva deste clube e a Concellería de Deportes do noso Concello”.
Fernández Rey explicou que “o convenio contempla unha colaboración entre o Porto de Burela e o CD Lugo en aspectos que dende o Concello e o propio club valoramos moi positivamente. Son relativas ao eido da formación de entrenadores, suministro de material, partidos amistosos, entradas para poder ver os partidos do CD Lugo, etc…”.
O concelleiro de Deportes engadiu: “dende o Concello mostramos a nosa satisfacción por este convenio, xa que o propio presidente do Porto de Burela, José Manuel Ares, manifestou a súa ledicia polo acordo acadado co CD Lugo, entendendo que era bo tanto para o propio club como para os rapaces que practican fútbol no mesmo”. E quixo por en valor “o excepcional traballo que fan dende o ADF Porto de Burela cos rapaces que pertencen a ese club. Animo á directiva a seguir con ese traballo ben feito que están a facer e a seguir colaborando como o están a facer coa Concellería de Deportes en prol do deporte burelao”.
Ramiro Fernández destacou “tamén o magnífico entendemento que teño coa directiva deste club coa que falo case de maneira diaria para ver as necesidades que teñen e intentar solucionar os problemas que van surxindo no día a día do club, como intento facer con todos os clubs deportivos do pobo”.