Site icon Crónica3.com A Mariña

The Bots serán uns dos cabeza de cartaz do Osa do Mar 2017

Burela 22-2-17.Estes rapaces no 2011 deron o campanazo no Vans Warped Tour, en Estados Unidos. Só estiveron unha vez na Península para ir varios festivais como o Primavera Sound e o BBK. A revista Rolling Stone dixo dele: “Unha das mellores e más inesperadas actuacións foi The Bots, tocando punk’n’blues duro e melódico ao estilo de The Black Keys”.

De pai chino e mai afrocaribeña os irmaos Lei compoñen a banda californiana The Bots. Mikaiah é o vocalista e guitarrista e Anaiah encárgase da batería e os coros. As súas influencias musicais abarcan desde a escea punk de Los Ángeles até os ritmos espirituais de tambor das reunións da organización rastafari As 12 Tribus de Israel, na que se criaron. Entre os seus artistas favoritos destacan a: Arctic Monkeys, Bad Brains, Arcade Fire, Bob Marley, Ramones, Black Flag, Kings of Leon, Red Hot Chili Peppers, The xx e PBJ entre outros.

Bonos do festival

A oferta de lanzamento dos bonos para os dous días (o Osa do Mar 2017 será o 18 e 19 de agosto) por só 12€ e que se poden comprar desde a nosa web www.osadomar.com e desde a nosa páxina de Facebook.

As bandas confirmadas até o momento: Viva Belgrado, Cala Vento, Rufus T. Firefly, Banana Bahía Music e Ángel Stanich.

A organización quere animar a empresas interesadas en patrocinar o festvial. Contacto no mail: fantofantinicomunicacion@gmail.com

Exit mobile version