O vindeiro luns, 13 de febreiro, técnicos da Unión de Consumidores de Galicia levarán a cabo unha xornada informativa no Concello do Valadouro titulada Que podo facer ante unha cláusula chan?, unha actividade cuxo obxectivo é axudar a veciñanza a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e o impacto que a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea terá sobre a devolución dos importes cobrados indebidamente.
A xornada informativa levarase a cabo na Casa da Cultura do concello o luns, 13 de febreiro, ás 20:00 horas; e contará coa presenza do alcalde, Edmundo Maseda. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.