Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña premiada na gala da Real Federación Galega de Kárate

Gala RFGK 2017-03Cervo, 28 de Marzo de 2017 – O mestre de Artes Marciais, Miguel A. Rojo, o deportista Joel Romero e a Asociación de Artes Marciales da Mariña, foron premiados na gran gala de fin da tempada 2016 que a Real Federación Galega de Kárate celebrou esta fin de semana en As Pontes (A Coruña). O recoñecemento chega tras unha tempada de traballo e esforzo que se viu reflexada nos resultados acadados no campionato galego de Nihon TaiJitsu donde a Asociación prácticamente copou tódolos podios das distintas categorías e tamén polo subcampionato de España logrado en Valencia. Así, deste xeito foi premiada a Asociación co galardón ao “Mellor Clube Nihon TaiJitsu 2016”, Joel Romero subiu ao escenario recoller o seu recoñecemento como “Mellor Deportista Nihon TaiJitsu 2016” e Miguel A. Rojo levou o premio que a federación lle otorgou como “Mellor Adestrador Nihon TaiJitsu 2016”. Dende a Asociación queren destacar “é un orgullo para nos poder compartir cada día de adestramento cuns grandes Mestres e compañeiros e é de destacar a gran labor que están facendo por este Arte Marcial”

Exit mobile version