Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” viaxa a Cuntis en busca de relax

17197673_10155085094017265_895593450_n (1)A Mariña 7-3-17. A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha viaxe ao Balneario de Cuntis, unha actividade na que partipan en torno a 40 persoas con enfermidade mental, de diversos Centros de Galicia, acompañados dos respectivos monitores.

Onte ao mediodía chegaban ás instalacións do balneario , con un planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutarán das actividades propiamente ditas do balneario, o maior balneario de toda Galicia, xa que ademáis da piscina terapéutica ten máis de 40 cabinas individuais de tratamento, con baños de hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, duchas circulares, entre outros servizos, e ademáis todos enmarcados nun entorno enmellorable .

Aproveitando a ocasión, e como Directora Técnica Xeral dos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” quero facer fincapé na importancia destas actividades, todas elas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios, e destacar que ademais de loitar contra o estigma social, as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.

Agardamos , por tanto, que esta viaxe favoreza a súa mellora terapéutica e que esté á altura das expectativas de cada participante.

Exit mobile version